O problema actual dos incendios forestais en Galicia - page 9

1. Antecedentes. Feitosemedidas relevantesnosúltimos 25anos
9
2005
OMinisterio de Xustiza promove a creación en todas as Fiscalías territoriais dunha Fiscalía
Superior encargadaespecificamentede coordinar aactuacióndoMinisterioPúblicoen relación
cos incendios forestais e de canalizar a comunicación cos órganos administrativos e as unida-
des policiais competentes, así como de centralizar a información policial e xudicial sobre esta
materia.
2006
Deixan de asinarse convenios de colaboración entre aXunta deGalicia e os concellos galegos
para a creación de brigadas de prevención e extinción de incendios.
2007
Apróbase a Lei de prevención e defensa contra incendios forestais. Establécense faixas de
defensa e involúcrase ás entidades públicas e privadas no control damatogueira nestas liñas
dedefensa. Prodúceseunnotable incrementono control da vexetaciónpor partedas empresas
ou institucións responsables nos bordes das infraestruturas viarias, ferroviarias, tendidos eléc-
tricos e gasodutos, etc., evitando que funcionen como corredores do lume.
2007
O INFOGA é substituído polo PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios fo-
restaisdeGalicia), documentoelaboradopolaConselleríadoMedioRural edoMar eaprobado
polo Consello da Xunta, oído o Consello Forestal de Galicia. Reflicte a política e as medidas
paraadefensados terreos forestais edas áreas de influencia forestal, englobandoos plans de
prevención, sensibilización, vixilancia, detección, extinción, investigación e desenvolvemento,
soporte cartográfico, coordinacióne formacióndosmedios eaxentes do servizo, así comounha
definición clara de obxectivos e metas por acadar, a programación das medidas e accións, o
orzamentoe o plan financeiro, así comoos indicadores da súa execución.
2007
Comeza a publicarse o Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI).
2008
Comeza a funcionar a FiscalíaSuperior naComunidadeAutónoma deGalicia.
2008
Desaparecenas subvencións para cuadrillas deprevencióneextinciónde incendios forestais a
comunidades demontes veciñais enman común. A partir deste ano subvenciónanse só traba-
llos deprevención de incendios e a construción de depósitos de auga.
2012
Apróbase a Lei de montes de Galicia. Nela refórmase a Lei de prevención e defensa contra
incendios forestais. Revísanse fundamentalmente as esixencias para a localización emanexo
da rede de faixas e liñas de defensa contra incendios forestais.
2012
Apróbase oDecreto de control dos animais equinos. Norma que trata de erradicar a existencia
do gando equino de tipomostrenco, é dicir, sen dono aparente e sen responsabilidade no seu
manexo e pastoreo. O decreto non contempla outro gando de pastoreo extensivo de incidencia
no problema dos lumes como o vacún e o caprino.
2013
Retómase a sinatura de convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos
galegos para a formación de brigadas de prevención e extinciónde incendios.
2013
Desaparecen os GRUMIR e créanse os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) que os
substitúen.
2013:
Créaseunhaordedeaxudasparaa renovacióndevehículosmotobombadosconcellos incluídos
nas zonas ruraisdesignadaspolaComunidadeAutónomadeGaliciaparaasúa inclusiónnoPro-
gramadedesenvolvemento rural sustentable2010-2014eque, ademais, teñanparticipado coa
consellería con competencia enmateria forestal, a través de convenios ou outrasmodalidades
de colaboración, na prevención e defensa contra incendios forestaismediante a actuación de
vehículosmotobomba.
1,2,3,4,5,6,7,8 10,11,12,13,14,15,16,17,18,19,...40
Powered by FlippingBook