O problema actual dos incendios forestais en Galicia - page 8

8
Informe | Oproblemaactual dos incendios forestaisenGalicia
1991-1994
Desenvólvensemedidas extraordinarias de vixilancia, e aplícanse fortes sancións ás quei-
mas incontroladas. Diminúennotablementeasqueimas senpermisoenépocasde risco. Danse
axudas xeneralizadas aparticulares e comunidades demontes veciñais para rozas enmontes e
terreos forestais. Increméntanse notablemente osmedios, humanos emateriais, de extinción.
Publícase o Plan Forestal deGalicia e prodúcese un aumentomoi significativo dos investimen-
tos no monte, tanto públicos como privados. Comezan a desaparecer os vertedoiros de lixo
situados en áreas forestais, orixenaquela época dun gran número de incendios.
1993
Comezanaasinarse convenios de colaboraciónentreaXuntadeGaliciaeos concellos galegos
para a formación de brigadas de prevención e extinción de incendios.
1994-2000
Quinquenio no que se produce un forte incremento do investimento público en recursos
humanos e en equipamentos dos servizos de extinción de incendios, tamén se inviste en in-
fraestruturas de prevención como depósitos de auga nas áreas forestais. Ao mesmo tempo,
os investimentos en repoboación demontes e en tratamentos silvícolas por parte da iniciativa
privada teñen un forte incremento acompañados polas axudas comunitarias á forestación de
terras agrarias.
1995
Modificación doCódigoPenal endurecendo o delito de incendios forestais.
1998
Creación doComitéGalego deCoordinación Policial Anti-incendios por acordo entre aDelega-
ción doGoberno e a Xunta deGalicia. Presídeo o delegado doGoberno e participan os conse-
lleiros deMedioRural, Xustiza e Interior, o director xeral deMontes e asmáximas autoridades
das forzas de seguridade do Estado. Está orientado ao establecemento de plans de disuasión
e prevención, a coordinar a investigación que realizan os diferentes corpos policiais, e ao in-
tercambiode información. Nunnivel inferior créase taménoComitéProvincial deCoordinación
Policial Anti-incendios para executar as directricesmarcadas polos anteriores e para a coordi-
nación operativa a este nivel. Reúnese baixo a dirección técnica da Delegación provincial do
MedioRural e coamesma representación ca oanterior a escala provincial.
2000
Comeza a colaboración doMinisterio deDefensa coa Xunta deGalicia na prevención e disua-
sión de incendiosmediante o empregode unidadesmilitares.
2000
Incorpóranse representantesdospropietarios forestaisás reuniónsdoComitéGalegodeDefen-
sa dosMontes contra os Incendios Forestais. A partir de 2009 os representantes dos propieta-
rios forestais non volven ser convocados a esteComité.
2000
Comezanaasinarseos conveniosde colaboraciónentreaXuntadeGaliciaeos concellosgale-
gos para a realizaciónde traballos de prevención de incendios forestais.
2001
CréanseasBrigadasde Investigaciónsobre IncendiosForestais (BIIF) formadaspor funcionarios
daConsellería doMedioRural especializados neste ámbito coamisión principal de descubrir a
orixe dos incendiosmediantea investigación das evidencia físicas, das actividades humanas e
a recollida e análise de información de testemuñas.
2002
Comezan a funcionar os GruposMunicipais de Intervención Rápida (GRUMIR). Son cuadrillas
dependentes dos concellos que sededicanáatencióndeemerxencias, entreoutras aextinción
de incendios forestais. Teñen carácter supramunicipal.
2004
Desaparecen as subvencións para cuadrillas de prevención e extinción de incendios forestais
destinadas a cooperativas, asociacións forestais legalmente constituídas, agrupacións de de-
fensa forestal (ADF), persoas físicas e empresas con personalidade xurídica.
1,2,3,4,5,6,7 9,10,11,12,13,14,15,16,17,18,...40
Powered by FlippingBook