O problema actual dos incendios forestais en Galicia - page 21

3. Acomunicacióneacolaboracióncidadana. Crenzaseprexuízos fronteá realidade
21
A percepción da cidadanía do problema dos incendios, a súa resposta e o seu comportamento ven-
se condicionados polo discurso político que parece ancorado nunha guerra obsesiva contra o lume e
tamén polo tratamento do problema nos medios de comunicación que reiteradamente manteñen un
discurso polémico nas épocas demaior risco.
Todososexpertos coincidennanecesidadeda tomade concienciadoproblemapor partedos cidadáns
a fin de aumentar a eficacia das medidas de prevención e para conseguir o rexeitamento social dos
causantes dos lumes. Este proceso, que avanza de formamoi lenta, vese comprometido pola escasa
consistencia do discurso político ante o problema e pola ausencia demedidas de fondo que non son
outras que a educacióne un correcto e fundamentado plan de comunicación.
En primeiro lugar, é preciso destacar a falta de información da poboación sobre as responsabilidades
e competencias na prevención e extinción de incendios. A profusión de cambios de organismos, de
competenciasentreAdministracións, as contrataciónspor diferentesentidades fanquenaactualidade
o colectivo de funcionarios dedicado á extinción de incendios forestais sexa opaco e que a opinión
pública non valore nin recoñeza a autoridade nestamateria.
Por outra parte, o repaso das intervencións nosmedios de información de representantes políticos e a
revisióndo tratamentodoproblemanamaioríadosmediosdecomunicación, poñendemanifestoadis-
paridadede criterios, a faltade consenso sobrepolíticas, adébil presenzadeprofesionaisdando conta
dos lumes ouanalizandoas campañas, e, especialmente, a reiteraciónde tópicos nas intervencións de
cidadáns e xornalistas. O resultado é unha comunicación que deixa como poso na opinión pública un
sector forestal arcaico e pouco profesional, sometido a unha agresión permanente e no que as autori-
dades competentes se atopan atrapadas nunha guerra interminable na que se levan enterrados cuan-
tiosos recursos públicos e dedicadas á procura infrutuosa duns supostos conspiradores incendiarios.
Nesta liña, parece necesariomencionar e acoutar os tópicos frecuentes para comezar a divulgar unha
información correcta que lle clarifique aos cidadáns galegos a situación.
Asconspiracións, as tramaseos incendiarios
Revisandoos fondosdashemerotecas, pódeseconstatarque, dependendodaépocaeda instanciaautora
daafirmación (partidospolíticos, diferentesgobernos, analistasperiodísticos, asociaciónscivís...) presen-
táronse como responsables inequívocosdos incendios forestais, entreoutros, aos seguintes colectivos:
Conspiradores que fretan avións con aparatos incendiarios
A industria damadeira.
Compradores demadeira,madeireiros.
Empresarios da construción.
Tramas políticas de desestabilización.
Acomunicacióneacolaboracióncidadana. Crenzaseprexuízos
fronteá realidade
3
1...,11,12,13,14,15,16,17,18,19,20 22,23,24,25,26,27,28,29,30,31,...40
Powered by FlippingBook