O problema actual dos incendios forestais en Galicia - page 20

20
Informe | Oproblemaactual dos incendios forestaisenGalicia
Non resulta admisible a implantación de gravames ou taxas aomonte a través de ordenanzas
municipais inviables, mentres concellos eAdministracións incumpren sistematicamente a súa
obriga de facer os traballos preventivos e de conservación.
>Asgrandes infraestruturaseaprevención
O control da vexetación nas grandes infraestruturas, autoestradas, estradas, vías férreas, tendidos
eléctricos e gasodutos é un enorme traballo do que son responsables tanto empresas privadas como
diversas Administracións públicas e que se veu notablemente impulsado a partir da entrada en vigor
da Lei de prevención e defensa contra incendios forestais. A pesar dos avances conseguidos, restan
cousas pormellorar entreas que se podendestacar:
Moitas das grandes infraestruturas que percorren áreas boscosas proxéctanse e constrúense
sen pensar no control da matogueira dos seus perímetros. Estradas e autoestradas, vías fé-
rreas, tendidos eléctricos, conducións de gas, etc. deben ter un deseño e deben proxectarse
para facilitar un control mecanizado e barato da vexetación e así poderán funcionar como in-
fraestruturas de defensa axeitadas.
As infraestruturas viarias
debenproxectarsepara
poder controlar a vexetación
dasmarxesdemaneira
mecanizadaebarata.
No relativo aos traballos de control da vexetación é precisomanter un alto grao de esixencia,
informando á opinión pública das empresas e das institucións públicas que incumpren as nor-
mativas e as que fallan nas súas obrigas.
A actividade de control e inspección destes traballos debe ser máis eficaz emáis intensa na-
quelas áreas onde asmedidas de prevención de incendios forestais son prioritarias.
1...,10,11,12,13,14,15,16,17,18,19 21,22,23,24,25,26,27,28,29,30,...40
Powered by FlippingBook