Asociación Forestal de Galicia          

 

Noticia seleccionada

A Asociación Forestal de Galicia analiza as novas normas de prevención de lumes o sábado 26 de maio en Vilagarcía


22 de maio de 2018

A Asociación Forestal de Galicia celebrará o próximo sábado 26 de maio un coloquio destinado a clarificar e analizar o impacto das novas normas de prevención de incendios forestais, que esixen dos propietarios forestais o mantemento de faixas libres de biomasa. O acto desenvolverase en Vilagarcía, no Hotel Pazo O Rial, a partir das 12.30 horas.

O coloquio, que é de acceso libre, desenvolverase tras a asemblea xeral da Asociación Forestal de Galicia (9.30 horas), á que asistirán comunidades de montes socias e propietarios forestais de toda a comunidade.

Tras a asemblea xeral, comezará o coloquio, que contará con relatorios dos técnicos da Asociación Forestal de Galicia, seguidos dun debate co público asistente. No acto, analizaranse polo miúdo as distancias a manter polas masas forestais con respecto a vías de comunicación e edificacións. Tamén se abordará o Plan Forestal de Galicia e as novas normas medioambientais (Plan Director da Rede Natura, regulacións da paisaxe, etc.) que afectarán ó monte galego.

Desde a Asociación Forestal de Galicia explicarase a posición da organización sobre as medidas estratéxicas que se entende que debe incluír o Plan Forestal, agora en fase de preparación pola Xunta.

Para a xornada do domingo 27 de maio, a Asociación Forestal de Galicia ten prevista a realización dunha serie de visitas a montes e comunidades socias da comarca do Salnés e de Vigo, unha actividade orientada ós propietarios forestais e comunidades de montes socias.




Direccións web relacionadas:



Búsqueda de noticias
Búsqueda no arquivo de noticias:









Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es