Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 46

A investigación forestal en Galicia ao servizo do sector

Propostas formuladas pola Asociación Forestal de Galicia ás Consellerías do Medio Rural e Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible da Xunta de Galicia




Nun mundo globalizado onde é preciso competir con constantes melloras produtivas e de calidade, a investigación desempeña un importante papel como innovadora dos procesos produtivos e ao mesmo tempo cumpre coa función de axudar a conservar o medio natural.

Consideramos que o sector forestal galego é un sector estratéxico para Galicia debido á súa capacidade produtiva primaria, das máis importantes de Europa, que leva de seu unha importante capacidade de xeración de emprego no medio rural e coa mesma unha forte incidencia na conservación e defensa do medio natural. Ademais disto este sector mantén unha importante industria que vai desde a madeira ata os cogumelos ou a castaña nas súas formas máis elaboradas ou a mesma paisaxe; toda unha industria que require materiais electos para poder producir en competencia con outros países. Como unha proba da importancia do sector podemos mentar as cortas de madeira que xa superan os 6,5 millóns de m3 o que supón un valor en dunha constante mellora para acadar o estado produtivo que nos permita situarnos á cabeza do sector forestal español e europeo pola calidade dos nosos produtos e non soamente pola cantidade dos mesmos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es