Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 46

Política forestal galega

Propostas formuladas pola Asociación Forestal de Galicia á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia




O pasado 20 de setembro a Xunta de Goberno da AFG reuniuse co novo Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, para, entre outras cousas, presentarlle un documento no que se sintetizan os plantexamentos da Asociación Forestal de Galicia en materia de política forestal. Neste artigo inclúese o texto completo da proposta que lle presentamos á Xunta de Galicia que recolle os plantexamentos dos propietarios particulares e comunidades de montes agrupados na AFG.
Introdución
Os montes galegos pola diversidade de ecosistemas que albergan, pola súa elevada capacidade produtiva e pola peculiar tipoloxía da súa propiedade (o 95% do territorio forestal é de propiedade privada moi dividida) presentan características moi diferenciadas dentro do conxunto peninsular que esixen dispoñer dunha política e dun discurso propios para asegurar a súa evolución e garantir a súa permanencia e rendibilidade.
As boas condicións estacionais de gran parte dos montes galegos permiten practicar unha silvicultura flexible, con quendas curtas de produción conxuntamente con outras máis a longo prazo que fan posible o desenvolvemento de múltiples usos nos montes e a obtención de recursos variados. Ao mesmo tempo, o elevado número de propietarios forestais –máis de 400.000 propietarios de montes particulares e 2.600 comunidades de montes veciñas- dalle ao monte en Galicia unha alta lexitimidade social –a maioría das familias galegas teñen un vencello directo con el– e unha diversidade condicionada pola xestión destes predios, xestión que se complica dado o pequeño tamaño das parcelas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es