Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 45

Xornadas sobre xestión forestal sustentábel na Estrada



Francisco X. Barreiro Carracedo
Silvicultor, profesor no IES Losada Diéguez e organizador das Xornadas sobre Xestión forestal sustensábel

Do 2 ao 10 de maio desenvolvéronse no IES “Antón Losada Diéguez” da Estrada unhas xornadas sobre xestión forestal sustentábel. Os tres primeiros días adicáronse ao medio forestal -marco físico, estado sanitario- e á silvicultura –repoboacións e coidados. Os tres seguintes centráronse no aproveitamento sustentábel do monte: madeireiro, complementario -gandaría, plantas medicinais e ornamentais, etc.-, e enerxético -biomasa, eólico e solar. Os dous últimos días tratouse a problemática ambiental: incendios e boas prácticas forestais. Clausuráronse cunha mesa redonda sobre bosques e cambio climático.

Aínda que do punto de vista forestal os contidos non fosen novidosos, fíxose unha complexa achega ao monte galego, presentáronse proxectos inéditos como o Programa Estela de aproveitamento mixto ornamental-forestal, ou a proposta do CIS-Madeira de produción de eucalipto para obter madeira de calidade.

Houbo tamén exposicións innovadoras sobre o cambio climático ou as enerxías renovábeis. Presentáronse propostas de construción de plantas para o aproveitamento enerxético da biomasa forestal residual e da fotovoltaica, considerándoos estratéxicos para Galiza pola súa importancia enerxética, ambiental, e pola contribución á fixación de poboación rural.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es