Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 44

Estratexia Forestal da Unión Europea

Conclusións do informe elaborado pola Comisión Europea




O pasado 10 demarzo de 2005 a Comisión Europea presentou unha comunicación dirixida ao Consello e ao Parlamento Europeo na que se pronuncia sobre o desenvolvemento da Estratexia Forestal aprobada en 1998. A seguir recóllense as conclusións principais e as propostas contidas nesta comunicación na que se recomenda a elaboración dun Plano de Acción Forestal para o ano 2006.

No seu conxunto, os principios e os elementos de base identificados en 1998 na estratexia forestal da UE, manteñen a súa vixencia. A xestión sostíbel dos bosques e o papel plurifuncional dos mesmos seguen sendo os principios centrais comúns; os programas forestais nacionais proporcionan un marco conveniente para executar tales principios e existe un amplo consenso sobre a crecente necesidade de integrar na política forestal as cuestións globais e intersectoriais.

A experiencia adquirida no período de aplicación amosa que os bosques e a silvilcultura poden contribuír a alcanzar os obxectivos de Lisboa de crecemento económico sostíbel e de competitividade, ben como os obxectivos de Gotemburgo relativos á salvagarda cuantitativa e cualitativa dos recursos naturais. Non obstante, para manter e optimizar esta contribución no futuro, cómpre pór en marcha a estratexia e o seu proceso de aplicación no contexto político recentemente creado.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es