Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 44

Plantacións de eucaliptos para serra

Boas noticias desde Australia

María López Leyro
Vicepresidenta da AFG

Os resultados dunhas probas de serrado no oeste de Australia parecen proporcionar certa esperanza sobre as posibilidades de obter altos rendementos de madeira de calidade de plantacións de eucalipto.

O líder do proxecto, o Dr. Russell Washusen do CSIRO Forestal e Produtos Forestais di que as probas realizadas confirman que existe potencial para unha importante industria de serra en Australia baseada en plantacións de eucalipto nos que se observen prácticas sílvicolas deseñadas para a produción de madeira de eucalipto para serra.

Modelos silvícolas ensaiados

Os troncos utilizados nas probas viñeron dun campo de ensaio plantado con Eucalypptus globulus preto de Busselton, xestionado polo Departamento de Conservación e Xestión do Territorio do Oeste de Australia e de Madeiras Auswest que procesou a madeira no seu serradoiro de Pemberton. As operacións de silvicultura durante os 21,5 anos de vida dos pés estudados incluíron rareos e podas.

O ensaio recibiu apoio financeiro do Departamento de Sostibilidade e Medio Ambiente e da Corporación para a Investigación e Desenvolvemento do Monte e Produtos de Madeira.

As plantacións usadas para este ensaio, segundo explicou o Dr. Washusen, consistiron en mouteiras de 5 filas separadas por 20 metros de pasteiros. A plantación orixinaria foi de 1.666 pés/ha, rareados ata deixar 150 e 225 pés/ha aos 5 anos. Entre os 3 e os 5 anos foron podados ata os 6,50 m, e aos 7 anos foron podados de novo ata os 10 m de altura. O Dr. Washusen opina que esta silvicultura é “ideal” para E. globulus, aínda que non é necesario podar ata os 10 m; el cre que a poda ata os 6,5 m é suficiente. A quenda de corta foi de 2,5 anos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es