Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 44

A Comisión Europea aproba o proxecto ENERSILVA

Promoción do uso da biomasa forestal con fins enerxéticos no suroeste de Europa

Francisco Dans del Valle
Director AFG

O proxecto presentado pola Asociación Forestal de Galicia ao Programa europeo INTERREG III B SUDOE foi aprobado o día 4 de marzo. O Comité de Programación do Interreg III B comunicoulle á AFG que o proxecto ENERSILVA fora seleccionado xunto a outros seis dun total de 74 proxectos presentados.

¿De onde xurdiu o ENERSILVA?

As rexións do suroeste de Europa con sectores forestais máis dinámicos presentan unha gran abundancia de montes de propiedade privada. O número de propietarios forestais supera os dous millóns e a superficie forestal ocupa máis do 50% do territorio. A xestión sostíbel destes montes baséase na existencia de aproveitamentos regulares e multifuncionais frecuentes. O aproveitamento da biomasa que xeran os nosos montes adquiren un peso relevante na sostibilidade dos montes do sur do Europa, xa que incide en dous dos seus aspectos fundamentais: xeración de rendas para os propietarios e control do risco de incendio forestal e de pragas e enfermidades. As causas que nestas rexións dificultaron ou retrasaron o desenvolvemento do uso da biomasa son múltiples e complexas, de forma común están relacionadas coa falta de estruturas forestais idóneas, coa ausencia de información adecuada, con deficiencias en materia de política enerxética ou con presións intrasectoriais pouco fundamentadas. As organizacións e institucións que participan no proxecto ENERSILVA proceden de tres países e poden agruparse polo seu ámbito de actividade en tres categorías: asociacións de propietarios forestais de rexións con gran superficie forestal, administracións públicas de ámbito rexional con competencias en medio ambiente e silvicultura e centros de investigación e transferencia de tecnoloxía especializados en temas forestais e no desenvolvemento enerxético da biomasa.

A constitución dunha rede multidisciplinar de expertos con vocación de permanencia permitirá abordar con garantías de éxito o desenvolvemento deste proxecto que se prolongará durante dous anos e medio a partir do vindeiro mes de abril e desenvolverase simultaneamente en Galicia, País Vasco e Cataluña, no Norte e Centro de Portugal e en Aquitania (Francia).

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es