Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 48

Proxecto Monte Cabalar, A Estrada



Francisco X. Barreiro Carracedo
Silvicultor e secretario da Cooperativa Monte Cabalar

O proxecto Monte Cabalar xurdiu inicialmente nas parroquias de Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca e posteriormente Souto. Son parroquias situadas na zona sul do municipio d´A Estrada, con maior carencia de infraestruturas agrarias (en varias parroquias aínda non houbo concentración parcelaria) e, por conseguinte, con menor desenvolvemento agrario a respecto doutras zonas do concello. Xa que logo, a tendencia xeral ao abandono do rural aquí foi de maior intensidade tal e como se observa na perda de explotacións agrarias: en Arca na campaña 1995/96 había 60, na do 2006/07 constan 12 en activo, destas, 4 non teñen actividade económica.

Situación actual do monte: a espiral do abandono
Nestas parroquias xúntase a maior superficie de monte do municipio. O monte d´A Somoza, Tabeirós, Nigoi é Arca é un macizo que estrema polo sudoeste co concello de Cuntis. O de Souto esténdese polo Cábado e pola serra da Conla estremando polo sul con Campo Lameiro e Cerdedo. Era monte comunal que foi partido hai aproximadamente 120 anos, hoxe ten un réxime de pequenas tenzas de propietarios particulares representando un caso de minifundio extremo. Como exemplo, para o monte no que se executou a primeira fase do proxecto (aproveitamento gandeiro), aproximadamente 600 ha, o estudo de propiedade estimou unha media de 5,5 tenzas por ha, de xeito que habería aproximadamente 3.350 propiedades de máis de 1.000 propietarios.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es