Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 48

A nova lei galega para a prevención dos incendios forestais que afecta os propietarios de montes e de terras de labor



Braulio Molina Martínez
Enxeñeiro de montes

Como ben sabemos todos, desde que se deixou de recoller o esquilmo para as cortes, os montes cada vez teñen máis espesura e altura de mato e isto supón un perigo en caso de incendio pola cantidade de combustible acumulado.

Nos incendios nas temporadas máis secas, aparte das perdas económicas que provocan aos propietarios dos montes, debido á intensidade e dificultade de contención do lume, poden xerar situacións de perigo para a poboación en estradas e edificacións intercaladas en zonas forestais. Para evitar a catástrofe é necesario dispoñer dun servizo de extinción ben organizado e cos medios necesarios para conter simultaneamente varios focos de lume nunha mesma comarca, como sucede con certa frecuencia na estación seca.

O pasado verán padeceuse unha crise de gran magnitude, porque en situación de seca intensa presentouse unha confluencia de focos moi superior ao normal para Galicia que, unido a certas carencias organizativas, non conseguiron controlar a situación e desbordaron a capacidade do servizo de extinción. Se antes a preocupación polos incendios forestais era prioritaria para a política medioambiental da Xunta de Galicia, agora é aínda máis importante. O Parlamento galego aprobou no mes de abril unha lei específica para prevención e defensa contra os incendios forestais, na que se aborda o mesmo problema que no Decreto 105/2006 pero na que se aplican medidas legais aínda máis estritas que afectan a gran número de propietarios de montes.

As medidas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais coa que se tratará de frear o incremento de situacións de risco provocadas polos lumes, parecen necesarias para unha estratexia de defensa baseada na prevención, pero poden ser excesivamente intervencionistas e moi duras para certos propietarios senón son acompañadas de incentivos económicos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es