Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Consello de Administración da Unión de Silvicultores do Sur de Europa en Santiago de Compostela






O 29 de novembro de 2016 tivo lugar en Santiago de Compostela, na sede da Asociación Forestal de Galicia, o Consello de Administración da Unión de Silvicultores do Sur de Europa. A esta reunión asistiron o conselleiro de Galicia e os representantes dos conselleiros das asociacións de Navarra, País Vasco e Cantabria.

Nesta reunión, a derradeira do 2016, a USSE informou sobre as últimas actividades levadas a cabo desde o último Consello de Administración que tivo lugar en maio de 2016. Neste sentido, falouse dos dous seminarios que USSE organizou en 2016, o primeiro sobre o cambio climático e o papel dos bosques na mitigación e adaptación ao mesmo en maio de 2016 en San Sebastián, e o segundo o organizado xuntamente co Instituto Forestal Europeo, EUSTAFOR e Baskegur sobre a bioeconomía no sur de Europa, celebrado tamén en San Sebastián en setembro de 2016. Ambos seminarios atópanse estreitamente relacionados no actual marco dunha transición cara unha economía baixa en carbono e baseada en recursos biolóxicos e renovables que abre un mundo de posibilidades para o sector forestal na loita contra o cambio climático.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es