Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Proxecto Micotecnosoles II






Como continuación ao proxecto de investigación Micotecnosoles, desenvolto entre 2014 e 2015, Selga está participando no proxecto Micotecnosoles II -Aplicación de novos micotecnosoles e fungos formadores de micorrizas á biorremediación de solos perturbados e contaminados pola minería da lousa para a súa rehabilitación como ecosistemas produtivos- ao abeiro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Neste proxecto participan as seguintes empresas: Hifas da Terra, S.L. empresa do sector agroforestal especializada en micoloxía e produtos derivados que actúa como líder do proxecto; Selga; Centro de Valorización Ambiental del Norte, empresa do sector medioambiental dedicada á elaboración de tecnosoles, e Edafotec Suelos a la Carta, S.L., empresa de consultoría e enxeñería dedicada a resolver problemas medioambientais. As catro empresas traballan co apoio de dous grupos de investigación: o laboratorio de Tecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo de Enxeñería Química EQ2 da Universidade de Vigo.

O obxectivo xeral do proxecto é deseñar e producir novos tecnosoles para ser aplicados na rehabilitación de vertedoiros afectados pola minaría da lousa en Galicia, suplementados con diferentes especies de fungos micorrícicos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es