Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

A Asociación Forestal de Galicia participa nun novo proxecto internacional sobre formación en xestión forestal sostible






A Asociación Forestal de Galicia, vén de participar o pasado mes de outubro en Soria, na reunión de inicio do proxecto FOREST-IN: Información innovadora e formativa para a xestión forestal sostible, aprobado no pasado mes de xullo e liderado polo Departamento de Bioloxía da Universidade de Aveiro (Portugal).

O proxecto FOREST-IN vaise centrar na educación forestal de todos os axentes da cadea forestal desde os propietarios e técnicos forestais ata os grandes xestores.

Conta cun financiamento de máis de 320.000 euros de fondos europeos Erasmus+ e terá unha duración de tres anos.

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude o deporte para o período 2014- 2020. Este programa trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar aos sistemas de educación, formación e xuventude a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es