Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

As organizacións do sector forestal mantiveron unha reunión con Ana María Díaz López, directora xeral de Conservación da Natureza






Nunha reunión celebrada o 2 de marzo, os representantes das principais organizacións do sector forestal (entre as que se atopaba a AFG) transmitíronlle á directora xeral de Conservación da Natureza os problemas que atopan propietarios e empresas do sector na xestión dos montes incluídos dentro dos espazos protexidos galegos. A inexistencia de criterios claros e específicos de xestión, a arbitrariedade da Administración e a falta de medidas compensatorias para os propietarios destas áreas, foron algúns dos temas expostos.

Ademais, o sector informou á directora da situación de inseguridade xurídica que teñen os propietarios forestais ante a aplicación das infraccións administrativas incluídas na Lei de patrimonio natural e da biodiversidade, sobre danos e alteracións aos hábitats prioritarios e naturais de interese comunitario fóra da Rede Natura 2000.

A directora xeral recoñeceu a deficiente xestión por parte da Administración e comprometeuse a corrixir, cando menos, a arbitrariedade e a frear a incoación de sancións fóra dos espazos protexidos. Tamén asegurou que está prevista unha modificación do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para poder financiar compensacións aos propietarios forestais que estean dentro dos parques naturais, non así para os que estean fóra, inda dentro da Rede Natura 2000.

Aceptou a solicitude do sector para que os propietarios forestais entren a formar parte do Consello Galego de Medio Ambiente, inda que mentres non se modifique o decreto que o regula só se poderá asistir en calidade de convidados (con voz pero sen voto).

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es