Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Proxecto Imagine






A finais de 2015 foi aprobado o proxecto Imagine -Innovación na sinerxía da cadea de valor da madeira galega de coníferas para unha industria máis eficiente-, presentado á convocatoria do Programa FEDER INNTERCONECTA 2015.

Os participantes neste proxecto constitúen un consorcio formado por 6 empresas: TRAGSA S.A., empresa de capital público dedicada ó desenvolvemento de obras e infraestruturas e á prestación de servizos técnicos nos sectores forestal, agrario e ambiental que actúa como líder do proxecto; SELGA, dedicada á prestación de servizos forestais (proxectos de ordenación, plans técnicos de xestión de montes, etc.) a propietarios de montes e comunidades de montes veciñais; Forestación de Galicia S.A. (FORESGA), empresa que realiza a súa actividade no ámbito medioambiental e agroforestal, especializada na produción de estela de coníferas galegas; Madera Plus Calidad Forestal, S.L. (MADERA+), microempresa que oferta servizos ó sector forestal de caracterización e certificación da calidade da madeira; Molduras del Nororeste, S.L., empresa especializada na fabricación e comercialización de revestimentos para usos de interior e exterior; THERMOCHIP, S.L.U., pioneira no sector nacional de paneis de madeira. Ademais o consorcio conta coa colaboración dunha serie de organismos de investigación e centros de innovación: Universidade de Santiago de Compostela, Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) e Universidade de Vigo.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es