Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

25 Aniversario do Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas)






O día 30 de novembro de 1991 inaugurábase na parroquia de Xinzo (Ponteareas) o edificio Centro Cultural Xinzo, obra (opera prima) do arquitecto Xosé Manuel Rosales Noves, promovida e financiada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xinzo cos recursos do propio monte veciñal.

Tras recoller de mans das institucións públicas, no ano 1979, un monte fortemente descapitalizado por mor da mala praxe á que se viron sometidos durante a súa intervención, aínda houbo que asistir, no último tramo da década dos oitenta, á destrución polo lume da práctica totalidade das poucas masas forestais que quedaban en pé. Precisamente a venda desta madeira afectada polo lume, atendendo ao refraneiro popular de que non hai mal que por ben non veña, serviu para afianzar, e finalmente axudar a executar en gran medida, esta obra tan necesaria para os vecinos de Xinzo, así como para sentar as bases da ordenación do seu monte veciñal cuxo instrumento de xestión data do ano 1993, sendo revisado posteriormente no ano 2003 e no ano 2013, con vixencia este último documento ata o ano 2022.

A construción deste inmoble daba resposta á necesidade que imperaba naquel momento de contar cun local de uso sociocultural na parroquia no que poder reunirse e desenvolver as súas actividades as distintas asociacións xa existentes, como a banda de música xuvenil ou o grupo de baile, que precisaban de locais para os ensaios e para gardar instrumentos e vestimenta. Á súa vez propiciou a creación doutras asociacións culturais con grupos de ensaio.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es