Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

XXX Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia

25 anos cos montes veciñais




O sábado 18 de xuño a Asociación Forestal de Galicia celebrou a súa XXX asemblea xeral e máis o 25 aniversario da apertura da súa oficina en Ponteareas dedicada, case exclusivamente á atención ás comunidades de montes veciñais en man común.

Xa pasaron trinta anos desde que en 1986 un grupo de propietarios forestais decidiran sumar forzas e crear a asociación de propietarios forestais máis antiga de Galicia para comezar a afrontar desde a súa sede en Santiago a modernización da silvicultura galega e o forte impacto dos incendios forestais.

Cinco anos máis tarde, en 1991, a Asociación Forestal de Galicia considerou necesario abrir unha nova oficina para atender as demandas das comunidades de montes veciñais en man común que, por aquel entonces, comezaban a dar os primeiros pasos como donos e xestores dos seus montes. A elección do lugar non foi casual, esta nova sede abriuse no corazón das comarcas nas que as comunidades manifestaban un maior dinamismo e interese pola xestión directa das súas propiedades e, grazas ás facilidades dunha delas, inaugurouse o 29 de xuño de 1991 no Centro Cultural de Xinzo en Ponteareas, onde un equipo técnico con moita experiencia segue prestando apoio a un gran colectivo de comunidades de montes que engloba a preto de 25.000 comuneiros.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es