Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Directrices da Paisaxe de Galicia, unha nova limitación de usos e aproveitamentos forestais






A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establece como instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe galega os catálogos da paisaxe de Galicia, as directrices da paisaxe, os estudos de impacto e integración paisaxística e os plans de acción da paisaxe en áreas protexidas.

O pasado mes de agosto, logo dunha longa tramitación administrativa, publicouse o Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia (DOG do 25 de agosto de 2016).

Agora estanse elaborando as Directrices da Paisaxe, que segundo a antedita lei:

“1. (…) son as determinacións que baseadas nos catálogos da paisaxe definen e precisan para cada unidade de paisaxe os obxectivos de calidade paisaxística que se pretenden alcanzar.

2. Estes obxectivos de calidade paisaxística deben expresar as aspiracións da cidadanía en canto á valoración e ao grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, polo que a determinación destes obxectivos se fará mediante un proceso de participación pública.

3. As directrices de paisaxe incluirán:
a) A definición dos obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe.
b) Unha proposta de medidas e accións específicaspara acadar os obxectivos de calidade e de recuperación daquelas áreas nas que existen ámbitos degradados.
c) Unha descrición dos indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe.
d) Unha serie de normas e recomendacións para a definición dos plans urbanísticos e sectoriais e das estratexias rexionais ou locais encamiñadas a un desenvolvemento sostible do territorio, co fin de integrar neles os obxectivos de calidade paisaxística.

4. As directrices de paisaxe serán congruentes coas determinacións que en materia de paisaxe poidan derivar doutros instrumentos normativos.
As normas recollidas nas directrices de paisaxe, logo da súa aprobación, terán carácter vinculante para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística.”

Resumindo, as Directrices da Paisaxe van ser unha norma vinculante para os proxectos de ordenación, plans técnicos e calquera outro documento de ordenación ou planificación forestal. O asunto é, pois, do máximo interese para os propietarios forestais.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es