Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais






A xestión que a maioría das comunidades de montes fixeron da súa propiedade tivo, dende sempre, unha orientación forestal e social. Incontables son as actuacións que se fixeron para dotar aos montes veciñais de atractivo co obxectivo de que calquera persoa puidera gozar da natureza e da riqueza do monte galego. Nos últimos tempos, a resposta da cidadanía a esa oferta está sendo moi positiva e, ano tras ano, a afluencia de persoas aos montes vénse incrementando de xeito continuado.

O monte non está exento de risco, nel desenvólvese unha actividade de perigo como é a forestal, con uso de maquinaria pesada que pode poñer en risco a integridade física de terceiras persoas. Nos últimos tempos, producíronse accidentes que causaron graves prexuízos ás persoas que os padeceron e derivaron en responsabilidades para as comunidades propietarias dos montes, nalgúns casos con indemnizacións de moita relevancia.

Por todo isto, faise necesario establecer unhas bases de consenso para que poida ser posible compatibilizar o uso deportivo e social cun uso forestal non exento de risco para que, entre a Administración, os propietarios e os posibles usuarios, se poida crear un ambiente de colaboración que permita esa compatibilidade de usos e se minimice o risco de accidentes nunha contorna variable como é a do noso monte.

Co desexo de abrir canles de comunicación entre as partes interesadas, a Asociación Forestal de Galicia, a Mancomunidade de Montes de Vigo e a Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE), organizaron dúas mesas de traballo o día 10 de xuño de 2016 e unha xornada de debate das conclusións das mesas sobre a compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais, que se celebrou o 11 de xuño de 2016 en Valadares (Vigo).

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es