Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Juan José Villarino Urtiaga 1942-2016, in memoriam



Antonio Rigueiro Rodríguez
Vicepresidente da AFG, catedrático de Botánica da USC

Coñecín a Juan José Villarino, nado en Tui en 1942 e enxeñeiro de Montes desde 1966, nas xa afastadas calendas dos primeiros anos da década dos setenta do pasado século, no ano 1972 creo recordar. Eu estudaba o segundo curso da titulación de enxeñeiro de Montes na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes da Universidade Politécnica de Madrid, único centro español que naqueles tempos ofertaba eses estudos. Na materia Edafoloxía e Climatoloxía, que impartía con acerto o profesor D. José Manuel Gandullo Gutiérrez (q. e. p. d.) os estudantes tiñamos que facer un traballo de curso que consistía no estudo ecolóxico dun monte, ese traballo podíase facer en grupos de dous alumnos e xuntámonos dous estudantes galegos José María Rábade Blanco e máis eu para facelo en sociedade e sobre un monte galego.

Nas vacacións de Nadal do ano 1972 acudimos á xefatura lucense do Patrimonio Forestal do Estado, servizo que daquela estaba situado na rúa de Xoán Montes e dirixía o noso colega Manuel Martínez Garrido (q. e. p. d.), e tivemos a sorte de que nos encamiñaran cara o despacho de Juan José, que era naquelas datas funcionario da Escala de Titulados Superiores do ICONA e levaba os montes da montaña oriental lucense. Acolleunos con agarimo e en canto lle comunicamos o motivo da nosa visita manifestou gran interese e vontade de axudarnos. Falounos dun monte de Becerreá, cuxo nome esquecín, repoboado con piñeiros silvestres, e ofreceuse a acompañarnos. Aquel día tamén coñecemos a súa dona, Amalia, que veu pola oficina para reclamalo co fin de arranxar algúns asuntos domésticos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es