Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Entrevista con José Luis Souto Espiñeira

Presidente de Explotaciones Forestales Souto-Carrillo S.L.




Desde a súa sede en Aiazo, no concello de Frades, no interior da provincia da Coruña, Explotaciones Forestales Souto-Carrillo S.L. (EFSC S.L.) mobiliza boa parte da madeira que se corta nos montes galegos. Esta empresa familiar comezou a súa andadura no ano 1989, prestando servizos forestais na comarca, nunha contorna, no pasado gandeira e que na actualidade convive cunha forte puxanza da actividade forestal.

José Luis Souto e María del Mar Carrillo dirixen esta xove empresa sen antecedentes familiares no sector. Partiron de cero e hoxe dan emprego directo a cincuenta persoas, técnicos forestais, operadores, economistas e traballadores de monte. Contan coa colaboración permanente e directa de vinte empresas prestando servizos forestais e máis de cen empresas dedicadas ao transporte de madeira e empresas colaboradoras.

Na súa acolledora sede, onde sorprende a numerosa presenza de mulleres, José Luis responde ás preguntas da AFG acompañado por Mª del Mar e o seu fillo Kiko Souto, un xove executivo que coordina os equipos forestais e o transporte da madeira.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es