Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 60

Xinzo, un exemplo de convivencia



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente

O pasado día 30 de novembro o Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas) celebrou os seus 25 anos de vida e como presidente da AFG fun convidado xunto co vicepresidente e o director desta institución a esta festividade.

O salón de actos estaba ao completo de veciños e autoridades da Xunta, da Deputación e do Concello de Ponteareas.

Vinte e cinco anos son moitos anos na vida dunha institución e considero que o labor feito ao longo deste tempo polo Centro Cultural é dun mérito extraordinario, pois é unha mostra de como os veciños desta parroquia deron proba dunha madurez democrática que os converte nun exemplo para todos nós.

A primeira importante iniciativa veciñal a comezo dos oitenta foi visitar o Centro Forestal de Lourizán para demandar unha orientación no manexo do monte, alí tiven o meu primeiro achegamento a esta comunidade.

Cando xa contaron con cartos procedentes das primeiras cortas buscaron a colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia para facer un concurso de proxectos e poder crear un xurado de especialistas e veciños.

Este xurado escolleu un proxecto moderno, no que o manexo da luz, a pedra e o cristal márcanse dentro dun estilo vangardista. Feita a estrutura novamente os veciños entran a marcar co arquitecto os usos dos espazos e lógranos artellar de xeito moi racional segundo as necesidades de cada grupo. Hoxe é un pracer ver os músicos, aos grupos de danza, a ximnasia, os lectores, as aula

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:

































Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es