Asociación Forestal de Galicia          

 

 

O MONTE.
Revista da Asociación Forestal de Galicia.

Ano XXV 55  1º Trimestre 2012

EN PORTADA

 
Las claves de la biomasa térmica de aquí al 2020
A elección da especie nas novas plantación forestais
Actualidade da Rede Natura 2000 en Galicia
Mercado da madeira en Galicia

 

revista
 
 

Noticia forestal

O mércores 16 de maio 2012 publicouse a Resolución do 21 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento, para o ano 2012, dos expedientes de axudas concedidas ao abeiro de distintas ordes relativas á forestación de terras non agrícolas e fomento de frondosas caducifolias.

O obxecto desta resolución é dar publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2012, dos expedientes de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, da Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e da Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 e da Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.

A data de apertura para presentación de solicitudes das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas comezará a partir do 18 de maio de 2012.

O prazo, para a presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento 2012 dos expedientes de axudas concedidas polas ordes relacionadas máis arriba, remata con anterioridade ao día 30 de xuño de 2012.

Segundo a convocatoria de axudas para o que solicitou a plantación a documentación a presentar para a solicitude da prima de mantemento variará segundo se especifica no texto da resolución que se pode consultar completa aquí

Axudas para a prevención de incendios en montes veciñais
Ata o 21 de maio está aberta a convocatoria de axudas para a prevención de incendios forestais en montes veciñais en man común convocada pola Consellería do Medio Rural e do Mar por medio da a Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007- 2013 e se convocan para o ano 2012.

A superficie mínima para poder solicitar estas seubvencións será de 250 ha. Para acadar esta superficie as CMVMC poderán formar unha agrupación, sempre e cando sexan estremeiras ou pertenzan a un mesmo distrito forestal e se localicen na mesma provincia.

A orde considera dúas liñas de acción:

  • Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible.
  • Liña II. Subvencións para a construción de puntos de auga.

Pódese consultar a orde completa aquí

 
 
Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia
Datas: 26 de maio de 2012 ao 26 de maio de 2012
Forexpo
Datas: 6 de xuño de 2012 ao 8 de xuño de 2012
Galiforest
Datas: 28 de xuño de 2012 ao 30 de xuño de 2012
Agenda AFG
 








Informe público


Ferramentas de poda




Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es